Do 7 ó 11 de setembro, O Carballiño acolle unha nova edición do festival de teatro galego
A programación inclue este ano dúas estreas, un feito que demostra o actrativo que resulta para as compañias teatrais galegas o participar no certamen teatral carballiñés, que esta mañá foi presentado na casa do Concello do Carballiño, no transcurso dun acto no que ademáis dos organizadores, da Asociación Cultural FETEGA, participaron a Concelleira de Cultura Inmaculada Ucha, Vicente Montoto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e representantes da Deputación Provincial e o Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martínez. As estreas serán as de "Lagarta Lagarta" e "Teatro de Ningures", este último coa carballiñesa Josi Lage no reparto.
A programación ó completo é a seguinte:
luns 7/09/09_hora:22:30_entradas:5€
compañía: “LAGARTA LAGARTA”
coa obra: O SEGREDO DOS HOFFMAN
Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, reúnese co motivo
do falecemento da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anhelos describen un
universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que esmiúza unha historia
intensa e envolvente.
Actores: Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constela e Rebeca Montero.
Dramaturxia: Roberto Salgueiro e Alejandro Palomas.
Dirección: Rosa Álvarez
martes 8/09/09_hora:22:30_entradas:5€
compañía: “CHÉVERE”
coa obra: TESTOSTERONA
Tito e Fran son dous colegas que acaban de montar un grupete de punk-rock, Os Dildos. Hoxe
terán que tocar eles dous sós, guitarra e batería, porque Luismi, o baixista, deixou o grupo antes
de que puidesen dar o seu primeiro concerto. Tito é a figura carismática dos Dildos, un
guitarrista curtido en todo tipo de conflitos e disputas. Fran é o cerebro do grupo, un baterista
atípico que escribe coa mesma contundencia coa que golpea na caixa.
Actores: Natalia Outeiro e Patricia de Lorenzo.
Dramaturxia: Patricia de Lorenzo, Natalia Outeiro e Xesús Ron.
Dirección: Xesús Ron
mércores 9/09/09_hora:22:30_entradas:5€
compañía: “TEATRO NU”
coa obra: COA PALABRA NA LINGUA
Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico Dous actores de diferentes
nacionalidades, diferentes linguas, aínda que unidos por moitas afinidades culturais,
constitúe un problema á hora de deseñar un proxecto? Nós cremos que non. Consideramos
que a convivencia do galego co portugués é posíbel. Por iso buscamos, nun xénero
límite, como é a poesía, o encontro teatral de dúas formas de falar distintas.
Actores: Mónica Camaño, Zé Paredes e Anxo Graña
Dramaturxia: Varios
Dirección: Zé Paredes
xoves 10/09/09_hora:22:30_entradas:5€
compañía: “TEATRO DE NINGURES”
coa obra: ATRABILIS
Nazaria, Daría e Aurora son tres irmás xa anciás que viviron toda a súa vida xuntas nunha grande casa dunha aldea calquera. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver do marido de Nazaria, a única que casou, acompañadas da fiel criada de Nazaria, Ulpiana. E será ao redor deste velorio onde saian á luz as eternas querelas entre as irmás e eses segredos ocultos que permaneceron alí, latexantes, durante cincuenta anos.
Actores: Casilda García, Sonia Rúa, Josi Lage e Fran Paredes.
Dramaturxia: Laila Ripoll
Dirección: Etelvino Vázquez
venres 11/09/09_hora:22:30_
GALA ENTREGA DE PREMIOS FETEGA
Na Praza das Monxas
Con “San & San” e o cantautor “Roberto Sobrado”
Máis información: www.fetega.com