A do Carballiño, entre as comarcas galegas con maior porcentaxe de autónomos ao superar o 34,3% das afiliacións da Seguridade Social. A media galega está no 21%
A comarca do Carballiño supera en 13 puntos a media galega, e sitúase entre as comarcas galegas na que os autónomos teñen máis peso no total das afiliacións á Seguridade Social.
No conxunto dos nove concellos da comarca os autónomos son 2.033, mentres que os que cotizan no rexime xeral ascenden a 3891, segundo os datos da propia Seguridade Social rexistrados no último mes. Entre ambos reximenes suman 5.924 afiliacións á SS.SS. Logo, están os cotizantes do rexime do fogar, algo máis de 200, e os que figuran no agrario, practicamente con números simbólicos. Ademáis, hai que ter en conta que unha boa porcentaxe das afiliacións ao rexime xeral na comarca carballiñesa son traballadores de empresarios autónomos.
Por concellos, O Carballño ten 2519 afiliados ao rexime xeral, 1233 autónomos, 132 no do fogar e 10 no agrario.
En Maside, 442 no rexime xeral e 205 autónomos.
San Cristovo de Cea contabiliza 291 no xeral e 177 autónomos.
Piñor ten 185 afiliacóns no rexime xeral e 114 autónomos.
O Irixo suma 153 no rexime xeral e 69 autónomos.
En Boborás case hai tantos autónomos como no rexime xeral, son 112 autónomos por 119 no xeral.
En San Amaro, hai tantos afiliados no rexime xeral como autómos, 61 e 60, respectivamente.
Punxín ten 98 afiliacións no xeral e 46 autónomos.
E finalmente, en Beariz o número de afilidados autónomos supera aos do rexime xeral, con 27 autónomos e 23 no rexime xeral.