Dous axentes da Policia Local precisan asistencia sanitaria tras ser agredidos por dous mozos
Os axentes da Policia Local solicitaron a axuda da Garda Civil para proceder a detención de dous mozos que protagonizaron un altercado nun pub da Praza do Emigrante.
Tras recibir varios avisos a través do teléfono da Policia Local, os dous axentes de garda na madrugada do domingo achegaronse ata o lugar dos feitos "comprobando que no exterior do local estaban congregadas un número importante de persoas, entre eles dous varóns xóvenes en actitude moi violenta, un deles sangrando unha man, varias persoas advertiron aos axentes da agresividade destas dúas persoas, que xa protagonizaran altercados no interior do local", relata a Policia Local.
Tras o intento dos axentes de identificar a ambos xóvenes, éstes negaronse a ser identificados, golpeando aos policias, que nese momento optaron por pedir o apoio da Garda Civil, "unha vez reducidos intentaron autolesionarse dándose cabezazos contra os cristais do coche patrulla, ambas persoas foron detidas, imputandolle un delito de desobediencia grave, resistencia e atentado contra axentes da autoridade".
A Policia Local informa que "durante estes sucesos, unha terceira persoa dedicouse a alentar ao resto das persoas contra os policias, esta persoa xa foi identificada e será denunciada por estes feitos, resultando ser un veciño de O Carballiño".
Durante a súa intervención os dous policias resultaron lesionados necesitando asistencia no PAC do Carballiño e posteriormente no Complexo Hospitalario de Ourense.
Os dous xóvenes protagonistas dos incidentes, de 19 e 22 anos de idade e con veciñanza en Asturias, pasaban o fin de semana xunto a unhos familiares no Carballiño.