Dúas xogadas de córner condenan ao Arenteiro
Dúas accións a balón parado serviron ao Laracha para levarse os 3 puntos do Estadio de Espiñedo -co graderío abarrotado pola afección local- ante un Arenteiro que de inicio non entrou no partido e despóis e despois de que os coruñeses se adiantaran foi un querer e non poder constante por parte dos verdes.
Non foi a tarde do Arenteiro, que xogou con diferencia o pior partido do que vai de liga,
Cando se cumplia a media hora de partido, un córner lanzado polo Laracha, o balón ao primeiro pau e un xogador larachés conecta un cabezazo que se vai dentro da portería de Rui Santos. No primeiro minuto da segunda parte, de novo dende o córner outro balón que os visitantes consiguiron rematar dentro da área para facer o segundo e definitivo gol da tarde.
Despois, un querer e non poder dun Arenteiro ao que o ambiente festivo non prestou nada ben esta tarde de domingo. A pensar xa no próximo partido na capital da Terra Chá co Racing Vilalbés.