E ao sétimo partido fíxose a luz, chegou a primeira victoria do Arenteiro
Por fin, o sétimo partido do curso foi o da vencida para o Arenteiro, derrotando por 2-1 ao Estradense en Espiñedo nunha tarde na que o mellor foi o resultado e o tempo, practicamente veraniego que trouxo ata O Carballiño a un numeroso grupo de seguidores do equipo da Estrada.
Tras unhos minutos inicais de tanteo por ambos equipos, sen nada reseñable, os verdes atinaron a adiantarse no marcador no minuto 24 cunha boa triangulación en ataque que culminou Javi Rey co primeiro gol da tarde, apenas 6 minutos despois Joni aproveitouse dun erro defensivo do Estradense para poñer o 2-0.
Tardou pouco tempo o Estradense en meterse no partido, no m. 34 Borja Miguez recurtou a diferencia e asi se chegou ao descanso.
E tamén ao final dos 90 minutos, porque a segunda parte é desas que decimos que sobran, e que so o axustado do resultado mantén a emoción na grada, xa todo foi un querer en non poder por ambos equipos, que se viñeron abaixo físicamente.
Aínda asi, e consecuencia dos desaxustes defensivos en ambas áreas máis que por xogo, chegaron un par de ocasións por cada bando, as do Arenteiro moi claras nas botas de Mitogo, pero o marcador non se moveu, e a afección local agradeceu cun suspiro de alivio o pitido final do árbitro.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614719&cod_acta=614719