EGM 2018: COPE O Carballiño, única emisora de radio que incrementa a súa audiencia na provincia. A nosa programación local, entre as máis escoitadas entre todas as emisoras de Galicia. O Grupo COPE alcanza os 17.000 seguidores na comarca.
Os últimos datos do EGM (Estudio General de Medios) dados a coñecer este 29 de Novembro confirman a hexemonía de COPE O Carballiño no seu ámbito de cobertura, como lider destacada de audiencia no Carballiño e Comarca, sendo a única emisora de radio convencional que despide o ano incrementando a súa audiencia a nivel de toda a provincia de Ourense.
Ademáis, no horario de mediodia, cando as emisoras de radio emiten a súa programación local, COPE O Carballiño logra situarse entre as que máis oíntes reúnen a diario a nivel galego, incluidas as ubicadas nas capitais.
Na provincia de Ourense, COPE O Carballiño é a segunda emisora de radio con máis audiencia en programación local, recortando distancias e aproximándose á primeira.
Son 8.000 persoas as que diariamente se informan do que acontece no Carballiño e Comarca no 91.9 da FM, sendo COPE O Carballiño a única emisora de radio de toda Galicia que ten máis audiencia na programación local -dúas horas e media- que no resto da parrilla.
A segunda emisora de radio con máis ointes no Carballiño é a emisora musical tamén do Grupo COPE, ROCK FM, que emite no 93.7 e reúne cada día a 4.000 oíntes.
Tamén é siñificativo o incremento entre os ointes que escoitan a radio a través da INTERNET,en www.copecarballino.es, que rexistra cada mes unha medida de 5.000 usuarios únicos.
Dende esta emisora de radio dámoslles as grazas por estes históricos datos de audiencia, e reafirmamos o noso compromiso co Carballiño e Comarca.