Empate con mal sabor de boca do Arenteiro en Mondariz
O Mondariz logrou o gol do empate co tempo xa cumplido, antes o Arenteiro pudo sentenciar o partido no trancurso da segunda parte con dúas claras ocasións de gol ante a portería local, asi que desta vez o desenlace final deixa mal sabor de boca aos verdes.
No minuto 37 Dani Vázquez adiantou no marcador ao Arenteiro remantando axustado ao pau un balón, tras o lanzamento dunha falta dende a banda, nunha primeira parte con poucas ocasións en ambas áreas.
Na prolongación o Arenteiro controlou ben atrás os intentos en ataque do Mondariz, pero perdonou as ocasións que tivo ante a portería local, primeiro Vitti e despóis Sanginès dispuxeron de dúas boas oportunidades para marcar o segundo.
Todo parecía poñérse de cara aos verdes cando o minuto 75 o Mondaríz quedou con 10 homes no campo tras expulsión con vermella directa a un dos seus xogadores por unha durísima entrada sobre Rubén Arce. Pero foi, paradóxicamente, a partir dese momento, xogando en inferioridade, cando os locais comezaron a levar máis perigo sobre a portería de Israel, aínda que sen consecuencias para o marcador ata que xa no periodo de desconto, chegaba o gol do empate.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Padrón, Martín, Rubén Arce, Dafonte, Bardelás, Dani Vázquez, Sanginés, Vitti e Carlos de Dios. Na segunda parte tamén xogaron Cuquejo e Alberto, e os xuvenís Rivera e Fernando, que entraron na convocotoria ante a vaga de baixas coas que os verdes chegaron a este partido, oito en total, entre lesionados e sancionados.