Empate do Arenteiro e derrota do Maside
Un empate a cero goles no campo do Poligono San Cibrao e grazas, porque se algún equipo mereceu ganar o partido foi o Polgono, que se fixo merecedor dos 3 puntos na segunda parte ante un Arenteiro que xogou o pior partido deste ano, fallón outra vez en defensa, cun medio campo inexistente trala sustitución de Luis Vilachá no descanso, e unha dianteira incapaz de crear perigo ante a porteria local. A única ocasión na que os carballiñeses se achegaron con certo perigo á porteria rival foi na primeira parte por medio de Alén, tras irse de dous defensores o seu tiro foise fora por pouco. Se ben no primeiro periodo o Polígono non inquietou a porteria carballiñesa, na segunda parte os locatarios dispuxeron de atá media ducia de ocasións para desnivelar o partido ao seu favor, por trres veces a falta de acerto dos dianteiros e noutras tres as magníficas intervencións de Samuel, esta tarde o mellor do Arenteiro, evitaron a derrota dos carballiñeses. Un mal partido do Arenteiro que en ningún momento soubo adaptarse á dureza do terreo de xogo, de terra, por momentos convertido nunha polvareda e cunha temperatura durante o partido de 30 graos.
O outro representante do fútbol comarcal, o Maside, deixou escapar os 3 puntos no partido xogado no Outeiro Grande ante o Velle, ao perder por 1-2. Con este resultado, e consumidas xa catro xornadas de liga, a situación dos masidaos comeza a complicarse, afundindose nos derradeiros postos da clasificación, en descenso directo á 2ª autonómica. Mentres, o Arenteiro cede o liderato en favor da Peroxa, co que empata a 10 puntos