Empate insuficiente do Arenteiro ante a UD Ourense
Non pudo ser, o Arenteiro, campión das dúas últimas edicións da Copa Deputación quedou apeado da competición na eliminatoria coa UD Ourense, tras empatar a 3 goles no partido de volta desputado no Estadio de Epiñedo, que rexistrou unha gran entrada. No partido do Couto os unionistas gañaran 1-0, polo que se clasifican para a seguinte ronda copeira.
Apenas ían consumidos 4 minutos cando a UD Ourense conseguía adiantarse no marcador e poñer a eliminatoria moi ao seu favor. Non obstante, o Arenteiro marcaba o gol do empate tan so unhos minutos despóis, e á media hora Varandela -que tamén anotara o primeiro- facía o segundo gol dos verdes, co que o Arenteiro lograba poñerse a un gol para voltear a eliminatoria.
Pero si sicolóxico foi o gol unionista ao principio de partido, aínda o fo máis o do empate, 2-2, cando estaba a piques de chegarse ao descanso, novo mazazo para os verdes no minuto 44 de partido. Antes, o Arenteiro xa perdera a Dani Chimpin, que aos 34 minutos tivo que abandonar o terreo de xogo por lesión.
Pudo volver o Arenteiro adiantarse ao comezar a segunda parte, pero o balón de Vitti foise ao poste, mentres que na UD Ourense volveu aparecer Rubén Durán para deixarlle en bandexa o terceiro gol a Fran Martínez. No minuto 81, Iván Portos lograba o 3-3 definitivo ao executar maxistralmente un libre directo dende o borde da área.
Partido xogado entre dous equipos que aproban en actitude, deportividade e intensidade e suspenden en aspéctos defensivos. Quenes estiveron de sobresaínte foron as afeccións tanto do Arenteiro como da UD Ourense, que deron ao graderío de espiñedo un ambiente propio doutras categorias.
CD Arenteiro: Pachi, Pol, Padron, Dafonte, Saúl, Cuquejo, Dani Chimpin, De Dios, Varandela, Vitti e Alberto. Tamén xogaron Iván Portos, Dani Vázquez, Esteban e Cristián.