A empedrada da rúa dos Canteiros completará a urbanización no entorno da Veracruz
Asi o anunciou o concelleiro de obras Magin Daparte. Ampliaráse a actuación no ámbito da Veracruz, co obxectivo de incluír no actual proxecto todo o tramo da rúa dos Canteiros, dende a Praza de San Ramón ata Conde Vallellano.
Magín Daparte sinalaba que "incluíndo este tramo completo damos unha forma máis homoxénea a todo o proxecto, destacando aínda máis o templo de Palacios".
A intención é continuar a empedrada da rúa dos Canteiros ata a súa confluencia con Conde Vallellano, unha actuación lineal duns 50 metros, que lle supoñerá ao concello un investimento de aproximadamente 25.000 euros. Desta forma o ámbito da Veracruz quedará enmarcado por todos os seus lados por estas rúas empedradas, tendo en conta que pola súa cara norte xa se está a executar toda a empedrada da futura rúa Antonio Palacios, e pola súa parte sur quedaba unha parte da rúa dos Canteiros que, coa intervención municipal, será completada.
O desenvolvemento das obras avanza según o previsto, aínda que con certo atraso motivado principalmente polas inclemencias meteorolóxicas dos últimos meses.