Empeora a situación epidemiolóxica de Maside, e mellora en Boborás e Leiro
Os datos notificados por Sanidade neste sábado dia 13 de Marzo son malos para o concello de Maside, xa que sigue a tendencia á alza coa aparición de novos casos positivos neste municipio, que hoxe rebasa os 250 casos por 100.000 habitantes na incidencia aculumada a 7 dias. Un dato preocupante que de persistir nos próximos dias levaría a Maside a aumentar nivel de restricións. En canto a contaxios activos, Maside rexistra 8, polo tanto 1 máis que onte.
Mentres, boas noticias tanto para Boborás como para Leiro. Por vez primeira nas últimas semanas Boborás baixa no nivel de IA a 14 dias por debaixo dos 500 casos por 100.000 habitantes, e por debaixo dos 75 casos por 100.000 habitantes na IA a 7 dias. En canto contaxios activos notifica hoxe 10 casos, que son 3 menos que onte. De confirmarse esta mesma tendencia, a semana que ven Boborás sairá do máximo nivel de restricións no que permanece.
Tamén mellora Leiro, o outro concello que está sendo obxeto dun seguimento especial por parte de Sanidade, sen novos casos positivos diagnosticados no municipio durante a última semana.
O Carballiño rexistra hoxe 7 contaxios activos, 2 máis dos que tiña o pasado xoves. Cea notifica 1 contaxio activo, e o resto de municipios -Piñor, O Irixo, Punxín, San Amaro, Beariz e Avión- non teñen casos de coronavirus a dia de hoxe.