En 1995 fora distinguido coa "Medalla de Ouro do Carballiño": falece o doctor Luis Rodríguez Míguez.
O concello do Carballiño lamenta profundamente o fallecemento do doctor Luís Rodríguez Míguez, condecorado coa Medalla de Ouro do Carballiño en novembro de 1995.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, en nome de toda a corporación municipal e do pobo do Carballiño, expresa á súa dona, á súa filla e ao resto da súa familia as máis sentidas condolencias polo pasamento dunha das personalidades máis salientables de Galicia no estudo e promoción do termalismo, que tivo unha dedicación e unha querencia especial polo Carballiño, e por iso foi distinguido co máis alto recoñecemento a unha persoa que se contempla na normativa municipal.
O doctor Luis Rodríguez Míguez foi o verdadeiro impulsor das Xornadas de Termalismo de Galicia, que se desenvolveron durante moitos anos no Carballiño, dende 1984, e da creación do “Curso Básico de Hidroloxía Médica”, que tamén tivo como sede a vila carballiñesa.
Ademáis, publicou unha obra esencial para o coñecemento da historia e divulgación dos balnearios do Carballiño, como é o “Estudio Histórico Bibliográfico del Termalismo: principales surgencias de la provincia de Ourense”, onde se fai unha mención especial das augas termais do Carballiño, fundamentalmente, do Gran Balneario e do Balneario das Caldas de Partovia.
E foi un árduo defensor da creación do Instituto Termal de Galicia no Carballiño, un soño que, sen embargo, nunca viu cumplido.
Por estas e outras consideracións, que teñen moito que ver coa súa traxectoria profesional, docente e investigadora, pero tamén coa súa vertente humanista, que tanto o caracterizaba, a corporación municipal do Carballiño incoou un expediente de honores para otorgarlle, en sesión extraordinaria celebrada o 30 de novembro de1995, a “Medalla de Ouro da Vila do Carballiño”.
Daquela, era o alcalde Pachi Vázquez, e o acordo plenario, adoptado por unanimidade dos grupos municipais que conformaban a corporación, PSdeG-PSOE, BNG e PP, culminaba unha proposta que fora realizada polo xa daquela exalcalde Argimiro Marnotes Rodríguez, en marzo de 1995.