En toda a comarca: rúas e estradas cortadas, árbores caídas e cortes de luz, no balance de incidencias polo temporal
O temporal "Domingos" deixa un carrusel de incidencias na comarca, en practicamente todos os concellos, sendo as máis numerosas as estradas cortadas por diversos motivos, árbores caídas, e cortes de suministro eléctrico que afectaron a máis de 3.000 usuarios durante a fin de semana, algunhos prolóngandose por espazo de varias horas, sendo os concellos mais afectados os de Cea, O Irixo e Maside.
Danos nun vehículo e no vello palco do campo da festa do Lago-Maside
A caída dunha árbore de grandes dimensións derrubada polos fortes ventos na xornada do sábado provocou grandes destrozos no vello palco do campo da festa da parroquia do Lago, no concello de Maside, e tamén nun vehículo estacionado neste mesmo lugar, sen que houbese que lamentar danos para as persoas.
O risco de desprendemento do rótulo do antigo hostal Noroeste corta a rúa Xosé Pontes
No casco urbano do Carballiño foron varias as incidencias provocadas polo temporal, a Policia Local cortou ao tráfico a Avda. do Arenteiro, o camiño Carboeiros entre a rúa Astureses e a Avda do Parque, onde se acumulaba moita auga e arrastres de terra, que os deixaron intransitables.
Na rúa Xosé Pontes a Policia Local cortou o paso tanto de vehículos como de peóns ante o risco de amenaza de que caese sobre a rúa o rótulo do antigo hostal Noroeste, o desprendemento dalgunhos elementos das fachadas dalgunhos edificios tamén motivou a instalación de vallas para advertir desta perigosa circustancia. No municipio carballiñés o 112 comunicou aos servizos de emerxencias un total de 13 incidencias durante a fin de semana.
O GES de Avión tivo que retirar unha ducia de árbores que impedían o trafico en varias estradas do municipio
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avíón tivo que atender numerosas incidencias, todas elas provocadas por árbores caídas na rede viaria municipal, como aconteceu nos accesos a Belecón, Acevedo, Oroso, Cortegazas, Beresmo, Pascais, e nas estradas intermunicipais Beresmo-Albarellos e Córcores-Cardelle.