En todos os concellos, excepto O Carballiño, xa pode consumirse no interior de bares e restaurantes, e tamén se alivian outras restriccións

22, Maio 2020

O BOE publicou esta mañá unha nova Orden Ministerial do Ministerio de Sanidade que entra en vigor dende hoxe mesmo, dia 22 de Maio, pola que se alivian algunhas restriccións do estado de alarma para os municipios de menos de 10.000 habitantes, é dicir, de aplicación en todos os municipios das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, coa única excepción do Carballiño.

Asi, no apartdo de hostelería e restauración, para os bares, cafeterias e restaurantes, dende hoxe os clientes xa poden cunsumir no interior dos locais, aínda que tendo en conta sempre as medidas de distancia entre persoas.

Ademáis,  a Orden Ministerial flexibiliza dende hoxe a asistencia a velorios, enterros e funerais en todas as parroquias destes concellos rurais.

Desaparece a norma de que un so adulto pode sair a pasear con ata 3 menores de 14 anos, pode facelo toda a unidade de convivencia.

Finalmente, para realizar exercio físico e deporte os residentes neste municipios poden xa desplazarse a outros concellos colindantes ata un máximo de 5 quilómetros.