Encontran o cadáver dunha muller no Punto Limpo do Carballiño

13, Marzo 2022

A Garda Civil corfirma o achádego dunha muller morta no Punto Limpo do Carballiño, ao parecer, trátase do cadáver dunha muller de nacionalidade brasileña de 38 anos de idade, residente no Carballiño.

O cadáver xa foi trasladado para practicarlle a autopsía, que determinará a causa da morte. A Policia Xudicial investiga as circustancias que rodean a este suceso.