Enterrado no cemiterio de Seoane o primeiro veciño da Comarca vítima do coronavirus: un home que altenaba residencia entre Seoane e Madrid, onde faleceu

21, Marzo 2020

O enterro tivo lugar a primeira hora da tarde deste sábado no cemiterio da parroquia de San Xoán de Seone, no concello do Carballiño, no medio de fortes medidas de seguridade, tan so coa presenza dos profesionais da funeraria. Non asistíu ningún dos familiares directos, xa que se encontran en cuarentena en Madrid.

O cadáver foi trasladado directamente ata cemiterio de Seone dende Madrid, onde faleceu como consecuencia do COVID-19.

Trátase dun home, que supera os 70 anos, e que alternaba domicilio por tempadas entre a parroquia de Seoane e Madrid, a principios deste mes de Marzo foise para Madrid, onde resultou contaxiado. Atópase, polo tanto, entre as 1.326 vitimas mortais que segundo os datos oficiais publicados nesta xornada de sábado faleceron xa en España polos efectos do virus.