Entramos en fase 3. Onde podemos movernos ? Qué podemos facer de novo ?

6, Xuño 2020

Onde podo moverme? Podo viaxar á praia?

A partir do lúns dia 8 de Xuño toda Galicia entra na fase 3, a derradeira fase da desescalada, polo que xa se autorizará a mobilidade entre as catro provincias galegas, por conseguinte xa poderémos desprazarnos á calquera punto da xeografía galega, e polo tanto, poderémos ir a calquera praia da costa galega.

Bares e restaurantes

O aforo de bares e restaurantes debe ser do 50% e as condicións de seguridade e separación entre o público as mesmas. E as terrazas, ata o 75%. Con todo, xa pode utilizarse as barras, aínda que coa distancia de seguridade entre as persoas (2 metros).

Pubs e locais de ocio nocturnos

Estaba previsto que se puidesen abrir ao 30% do aforo, cunha serie de medidas estritas... Con todo, hai tres días o Goberno sinalou que "non é prudente" a súa apertura, polo que por agora está todo no aire.

Hoteis

Amplíase o aforo ao 50% nas zonas comúns na fase 3 da desescalada.

Praias

Ábrense e volve todo tipo de actividade. O problema esta en as limitacións de espazo, que dependen dos concello e cada un está a tomar as medidas que cre oportunas.

Deporte

Xa se poderá facer deporte espazos pechados se son deportes sen contacto ou o risco de contaxio moderado. O público estará limitado a unha persoa por cada 20 metros cadrados. Poderase ir ao ximnasio cun aforo máximo dun terzo e sen utilizar os vestiarios.

Vodas e enterros

Sen un número fixado, poderá haber máis persoas en vodas e enterros durante a fase 3 da desescalada. Deberán gardar as debidas medidas de seguridade apropiadas

Máscaras

O seu uso segue sendo obrigatorio nas mesmas condicións en que se veu utilizando ata o de agora.

Transporte

Prevese o funcionamento de todos os servizos de transporte público ao 100%.