Entran no cemiterio de Señorín e provocan danos nos panteóns
Os feitos foron denunciados na Garda Civil polo Párroco de Señorín, tras descubrir onte como persoas descoñecidas entraron no cemiterio inter-parroquial de Señorín-O Carballiño, provocando diversos danos, consistentes en destrozos na tapas de once nichos, propiedade de nove familias do Carballiño, os danos causados foron valorados en 1.100 eruros. Os feitos terían acontecido durante a noite madrugada deste pasado xoves dia 14. A Garda Civil abríu unha investigación, e instrue dilixencias o Xulgado nº 2 do Carballiño.