Escoita aquí a entrevista: o alcalde de Maside anuncia un proxecto de 700.000 euros para acondicionar a contorna do colexio, e repasa a actualidade municipal neste concello.
Ademáis de anunciar un novo proxecto para acondicionar a rúa Grupo Escolar e a contorna do CPI Terras de Maside por importe de 700.000 euros para os que agarda a colaboración da Xunta, o alcalde José Manuel Iglesias tamén presentou á directora xeral de administracción, Natalia Prieto que se reactive o proxecto de erradicación do chabolismo na Fontela.
A obra da mellora da rúa principal de Maside, os pasos que continúan dándose para avanzar no proxecto de parque empresarial O Carballiño-Maside, ou as actuacións de mellora no campo de fútbol do Outeiro Grande, son outros asuntos tratados polo rexedor municipal nesta entrevista en COPE O Carballiño. Podes escoitála no audio adxunto: