Escoita aquí a historia de "DELÚ", unha nova cosmética artesanal que nace na comarca do Carballiño

19, Agosto 2024

DELÚ é unha nova marca de cosmética sólida, vegana, natural e unixex, especializada en productos de hixiene persoal para o coidado diario da pel.

Un proxecto nacido na nosa comarca, entre Boborás e Maside, de carácter artesanal, que fabrica lotes pequenos e personalizables para hoteis, casas rurais ou calquera evento.

Productos destacados DELÚ son, os xabóns sólidos soponificados en frío 100% naturais, xabóns de afeitado, champús solidos para diferentes necesidades capilares, hidratantes e aceites corporais e faciais.

DELÚ vende online e atende pedidos no teléfono 668 524 656.

No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Maria Luisa Rodríguez, unha das promotoras de DELÚ.