Escoita aquí a programación para a 29ª Feira-Festa da Pepa Loba, en Flores, do venres 5 ao domingo 7

1, Setembro 2025

Ari Quintas, Clara Vázquez e Victor Tato, presentan a 29ª edición da Feira-Festa da Pepa Loba, a celebrarse dos próximos venres 5 ao domingo 7 deste mes de setembro no que andamos.

Este ano está dedicada ás queixeiras e queixeiros, baixo a organización da asociación cultural Pepa Loba, con sede no barrio de Flores, que será tamén como acontece cada ano o escenario para a súa celebración.

No audio podes escoitar a programación de actividades prevista para os 3 dias.