Escolares da Comarca inician unha campaña de fomento do galego en Cope O Carballiño
Por segundo ano consecutivo COPE O CARBALLIÑO e coincidindo coa celebración do día das letras galegas, comezou a emisión a través da súa emisora de radio -91.9 FM - dunha campaña de fomento do galego na que unha representación dos alumnos e alunmas dos centros de ensinanza da Comarca do Carballiño son os protagonistas coas súas mensaxes, nas que reflexionan sobre a súa experiencia persoal arredor da lingua galega. A iniciativa partíu o ano pasado do equipo de normalización lingüística do Colexio Público de Maside, á que se sumaron nesta segunda edición outros centros educativos do ámbito local, como os dous institutos de ensinanza secundaria do Carballiño ou o colexio Vila do Arenteiro.
As mensaxes promocionais emítense polo sistema de rotación na programación local - de 12,30 da mañá ás 3 da tarde-
e nas desconexións locais, dentro da programación en cadea, repartidas no resto do día. A súa emisión prolongaráse atá finais deste mes de maio no que andamos. Os profesores de galego dos centros respectivos, que colaboraron nesta inciativa, veñen constatando nos últimos anos un paulatino e cada vez máis preocupante descenso do número de galego falantes entre o alunmado, incluso entre os procedentes de zonas rurais, ónde o galego mellor resitía atá o de agora. A Comarca do Carballiño tampouco é unha excepción en relación a esta problemática, e os datos son certamente reveladores. Na última década avanzou o monolingüismo castelán, que pasou do 27 ó 39 por cento, mentres que retrocedeu moi siñificativamente o das persoas que se expresan só en galego, que baixou do 55% por cento ó 40 por cento, incluso na zona rural. E eso que o paulatino avellantamento da poboación comarcal fai que as estadísticas non sexan aínda máis negativas para o galego. As voces desta campaña son as de Lara, Alba, Rocio, Igor, Brais e Alexandre, do ies nº 1 do Carballiño. Lucía, Israel, Iria, Alex, Uxía, Cielo, Mailén, Román, Adrián e Hugo, do Colexio Vila do Arenteiro. E Miriam, Saúl, Borja, Tania, Alber, Alex, Raquel, Almudena, Xurxo, José Manuel, Carlos, Andrea, Nacho e Nuria, do colexio púlblico de Maside.