Espazo Común califica de "chapuza sen límites" a reforma do parque infantil da Alameda
Ademáis, en declaracións a COPE O Caballiño, o concelleiro de Espazo Común Adolfo Nogueira asegurou que nas obras de reforma adexudicadas polo concello a unha empresa estarían traballando operarios municipais.
"Eu mesmo puden ver esta mañá como traballadores do concello estaban realizando traballos na Alameda, algo que non entendo e tería que explicarse", manifestou Nogueira.
Ademáis do retraso da obra, igual que xa durante a campaña electoral se denunciara por parte do Partido Popular, tamén agora dende Espazo Común asegúrase que non se está execuntando o proxecto inicialmente anunciado dende o concello do Carballiño no pasado mes de Marzo, cando se iniciron as obras, orzamentadas en 170.000 euros.
Para acceder ao comunicado íntegro de Espazo Común pode facélo descargando o arquivo adxunto: