Espazo Común celebra un acto público no que acorda a creación dunha "Comisión Cidadá para a Defensa do Asilo"
Espazo Común valora moi positivamente o desenvolvemento a covocatoria feita por este grupo político na casa da cultura para tratar a situación actúal e futura do Asilo do Carballiño e a Fundación Irmáns Prieto, un éxito de convocatoria avaliada "pola masiva presencia, na charla de onte, de cidadáns preocupados por todo o que está a acontecer no Asilo do Carballiño e na Fundación Irmáns Prieto que o dirixe, deixa ben clara a inquedanza que sinte este pobo polo presente e o futuro desta institución benéfica".
Durante case unha hora de intervención, Pachi Vázquez explicou con detalle todo o que o grupo de Espazo Común foi quen de acreditar e documentar "a pesares do escurantismo e as constantes mentiras do alcalde Fumega que se nega incluso a facilitar documentos asinados por el mesmo no seu cargo de dirixente do Padroado", manifestan.
Dende Espazo Común incidiron particularmente na responsabilidade do alcalde do Carballiño "por ser o defensor dos intereses do pobo na directiva que dirixe a Fundación xunto co Bispo e o Arcipreste da comarca, sen embargo, leva dous anos enganando a todo o mundo e ocultando información vital sobre o que está a acontecer".
Pachi Vázquez mostrou documentos "sobre o valor das propiedades sitas no centro de Madrid, que se mide en millóns de euros e das que se negan a amosar contas nin documentos de titularidade actualizados".
Entre a documentación presentada, Espazo Común asegura que "evidenciaronse graves irregularidades en certificacións e modificacións estaturias que alteran por completo o espirito da Fundación".
Tamén se informou aos presentes "dos cambios de cargos na administración destes bens e do resto con que conta a entidade, sendo nomeados, ás escuras, nos tres últimos anos, un económo de Zamora e un avogado de Vigo para postos esenciais no coidado da herdanza deixada polos Irmáns Prieto",salientan.
Outro dos temas tratados foi o modelo de xestión que entenden desde Espazo Común "pasou a ser o mesmo de calquer xeriátrico privado, obviando a vontade amosada nos estatutos fundacionais, onde as propiedades e os seus rendemento quedaban consignados para dar acubillo aos anciáns sen recursos desta comarca. Algo que se está a incumprir cobrando tarifas ás que ninguén en situación de desamparo podería tan siquera achegarse, obviando a condición de entidade sen ánimo de lucro e deixando moitas dúbidas sobre o destiño das rendas dos inmobles mencionados na capital de España".
Comentouse ademáis que "preocupa e moito a gran conflitividade laboral do centro despois da decisión do Padroado de nomear unha directora externa que puido ser o detonante da marcha das Irmáns dos Anciáns Desamparadas despois de case 120 anos de traballo ininterrompido e doutra congregación posterior que apenas estivo un ano e marchou tamén por diferencias no xeito de xestionar o Asilo".
Nas intervencións do público quedou patente o compromiso social e a disposición de todo un pobo para loitar por manter intacta unha institución que forma parte do ADN dos carballiñeses. Así, falouse da creación dunha Comisión Cidadá para a Defensa do Asilo "que se encargue de esixir ao alcalde que amose toda a documentación que oculta e que él e os outros dous responsables respecten a historia e a esencia dunha entidade centenaria sen convertela nun negocio", remarcan dende Espazo Común.