Espazo Común demanda do concello que inicie os trámites para a construcción dun novo pavillón de deportes
Trátase dunha demanda que Espazo Común vai trasladar en forma de moción ante o pleno da corporación municipal, e coa idea de que o concello promova a construcción dun segundo pavillón de deportes no Carballiño.
Entenden que é manifesta "a carencia de instalacións é un handicap demasiádo complexo de superar, as instalacións ao aire libre son poucas e mal coidadas e de promesas como a da pista de atletísmo nunca maís se soupo" mentres que "con respecto ás actividades en interior, o Pavillón Pacho Chao é a todas luces insuficiente para a demanda a pesares do parche recurrente das pistas dos institutos, que non contan apenas con infraestructura, non hai nada máis".
Espazo Común reflexiona sobre a necesidade do "fomento da vida sana e o deporte, promover accións encamiñadas á súa practica en todas as franxas de idade e ofrecer cantas máis posibilidades, en todos os sentidos, mellor".
Finalmente, remarcan que "é unha necesidade imperiosa que o concello se poña a traballar e permita satisfacer a demanda e xerar actividades de ocio alternativas para a xente máis novoa". Porque "para calquera adolescente é moito máis doado meterse nun bar ou nunha casa de apostas que practicar según que deportes, e eso é xusto o que hai que evitan", subliñan.