Espazo Común denuncia nepotismo no concello do Carballiño, en forma de "prebendas a traballadores municipais e comerciantes que foron na lista do PSOE"

9, Xuño 2020

O grupo municipal de Espazo Común recurre ao diccionario da RAG, según o que "o nepotismo consiste na práctica de quen abusa da influencia ou poder que ten, para dar cargos, prebendas etc., a familiares e amigos".

Afirman dende esta  formación politica que se trata dunha definición que "encaixa á perfección co que está a acontecer no Concello do Carballiño, onde o grupo de goberno está a facer unha máis que dúbidosa utilización dos recursos públicos".

Tras recordar outras críticas ao alcalde Fumega "polo incompresible costume de convidar a empresas de fora para facer obras ou mercar productos que poderían comprarse no Carballiño en negocios doutras localidades" engaden agora que "cando acorda mercar no pobo faino con criterios máis ca sospeitosos". 

Apuntan o caso "dunha tenda propiedade dunha persoa que concurriu na lista do PSOE ás pasadas municipais facturou case 1.500 € ao Concello, entre outros conceptos, pola compra dos caramelos da Cabalgata de Reis. Curiosamente, existen varios negocios máis do mesmo sector no pobo e non nos consta que tan sequera se lles pedira orzamento", aseguran.

O segundo exemplo ao  que fan referencia dede ESCO é "o de membros da devandita lista que son empregados muncipais tamén se viron xenerosamente recompensados no reparto de cartos por produtividade e gratificiacións extraordinarias durante o ano 2019. Máis de 5.000 € recibiu nestes conceptos unha traballadora do Concello que concurriu na lista de Fumega no pasado mes de maio e arredor de 2.300 € o familiar directo dunha ex-concelleira que tamén formou parte da mesma candidatura. A media do resto de empregados municipais está moitísimo por baixo desas cifras", subliñan. 

E rematan emplazando ao alcalde manifestando que "se quere premiar aos seus acólitos, que o faga con recursos propios ou do seu partido pero que non empregue cartos municipais para repartir agasallos".