Espazo Común formula varias preguntas ao alcalde Fumega, para que aclare onde vai construirse o novo centro de saúde
O grupo municipal de Espazo Común considera que o anunciado "ofrecemento á Xunta de tres soares de particulares sen facilitar máis información, desprende un nauseabundo cheiro a cacicada". Manifestan que "Fumega ignora por completo o acordo plenario de tomar esta decisión nunha comisión municipal integrada por representantes de todos os grupos" un acordo que "baseouse na indiscutible idea de que este proxecto é esencial e vai máis alá do mandato dun goberno puntual e, polo tanto, debería levarse a termo buscando o maior consenso posible".
Asemade, dende Espazo Común, tildan o procedemento como un exemplo máis da "aberrante ausencia de transparencia do goberno municipal do Carballiño", e mesmo o cualifican como "o goberno totalitario de Francisco José Fumega".
Ante a non convocatoria da citada comisión municipal, Espazo común anuncia que trasladará varias preguntas en pleno ao rexedor municipal, ao que interrogará sobre os motivos polos que o non informa de cales son eses soares, e qué motivos están tras esta actitude, tamén por qué a única opción que se contempla é o entorno do actúal centro de saúde cando ao plantexarse que sexa un edificio de nova construcción non poden contemplarse outras alternativas e, finalmente se "ten alguén do goberno un interese persoal en que se revalorice esa zona concreta".