Espazo Común levará ao pleno municipal diversas propostas en materia de educación e sanidade no municipio carballiñés. Esacoita aquí a entrevista a Érika Paz.
Espazo Común trasladará ao próximo pleno da corporación carballiñesa unha moción na que demandará diversas medidas para mellloras no CEIP Calvo Sotelo, no Conservatorio de Música, asi como no servizo municipal de conciliación, no que pedirán unha ampliación do seu horario ata as 21 horas.
Noutra moción, o grupo municipal de ESCO centraráse na sanidade pública no municipio, e máis en concreto no centro de saúde do Carballiño, incidindo na precariedade dalgunhos dos servizos sanitarios e mesmo no retraso no proxecto de construcción do futuro CIS do Carballiño.
Escoita aquí a entrevista á concelleira Érika Paz no Mediodia de COPE O Carballiño.