Espazo Común pide ao concello que "elabore dunha vez o censo de persoas maiores que viven soas", que considera fundamental para mellorar a calidade de vida da veciñanza
No concello carballinés viven máis de 3000 persoas maiores de 70 anos. O grupo municipal de Espazo Comun ven de dar a coñecer unha moción que trasladará ao pleno da corporación na que critica como "o actúal goberno leva 5 anos prometendo a súa confección pero a demanda da Policia Local da pasada semana deixa en evidencia que sen rematarse, o cal é de todo punto incomprensible a estas alturas". Pídenlle ao goberno municipal que elaboren nun prazo de tres meses este censo de persoas maiores que viven soas no Carballiño.
Manifestan que "cada vez son máis as tristes novas relacionadas con falecementos de anciáns que viven e morren en soidade, en moitos casos sen que as adminisraccións cheguen a ter coñecemento da súa situación ata que xa é demasiádo tarde" polo que Espazo Común entende que "ter localizado a este grupo da poboación pode axudar moito a facilitarlles unha vida mellor e a previr estes casos, vitimas de falla de información , dunha vez máis fonda desconexión da realidade, caen no abandono en materia de saúde e hixiene".
Unha problemática que "aínda se ve máis agravada no mundo rural, onde a despoboación provoca incluso que haxa maiores viviendo sos nunha aldea sen ninguén máis en quilómetros arredor", por eso entenden que sería prioritario facerlle un seguimento e para elo é necesario unha ferramenta como é este censo de persoas maiores que viven soas no municipio.
Finalmente, Espazo Común reproba ao goberno municipal que non traballe para mellorar a calidade de vida da poboación máis necesitada "compre que o alcalde e concelleira de servizos sociais deixen de facer fotos e dar titulares valeiros e que se poñan a traballar para que, dunha vez, este censo sexa unha realidade".