Espazo Común pide explicacións a Fumega, tras asegurar que o alcalde do Carballiño figura como imputado nunha causa xudicial
Espazo Común manifesta a "preocupación pola situación xudicial do alcalde do Carballiño" e piden que "Fumega convoque unha xunta de portavoces e confirme ou desminta toda a información ao respecto".
Neste caso concreto, indican dende Espazo Común a investigación xudicial tería que ver con "dúbidas acerca da súa xestión de varios contratos de servizos que poideran incorrer en fraccionamento dos mesmos ca fin de evitar as medidas de control instauradas por lei para evitar favorecer a unhas empresas sobre outras, certo é que o desexable sería ter a confirmación por parte do propio interesado e coñecer a súa versión dos feitos".
Despois de manifestar o respecto pola presunción de inocencia, Espazo Común lamenta "a falla de transparencia da que fai gala o goberno municipal do concello do Carballiño, alcanzando cotas absolutamente impensables".