Espazo Común pide que as piscinas públicas do Carballiño sexan gratuítas para os usuarios para atraer visitantes e mesmo "evitar a fuga" de carballiñeses a outros concellos.
O grupo municipal de Espazo Común levará ao próximo pleno da Corporación unha moción na que propón un acordo plenario para que o acceso ás piscinas públicas do Carballiño sexan gratuítas para todos os usuarios.
Espazo Común manifesta que trátase dunha "infraestructura que, dada a inversión feita nos últimos anos debera ser un referente provincial e motor de atracción turística e que, como case todo neste pobo, quédase nun pudo ser o que non foi".
Refírense ás "numerosas eivas que presentan e ocasionan problemas un ano tras outro, o que hai que engadir a competencia de piscinas situadas ben preto que ofrecen mellores prestacións e por riba son de suso gratuíto" e mesmo aseguran desde Espazo Común que "no canto de de vir xente de fora á piscina do Carballiño, son os veciños deste pobo os que marchan para disfrutar das de Boborás, Cea, Maside, Oira ou Lalín". Para evitar esta "fuga" a outras localidades,
Espazo Común demandará que o acceso ás piscinas municipais do Carballiño pase a ser gratuíto "como xa o é" noutros concellos