Espazo Común reproba ao alcalde Fumega por "facer chapuzas e gastar 1 millón de euros no Gaiás do Carballiño", referíndose á fábrica de papel.
Considera Espazo Común que trátase "dun dos mellores exemplos da errática xestión do autonomeado rei do asfalto, que segue sen concretar cal vai ser o fin exacto das instalacións", e mesmo reprochan ao alcalde do Carballiño que "chapuzas como o edificio de recepción que afea notoriamente o proxecto de Gallego Jorreto definen como se xestiona o diñeiro público", o da antiga fábrica de papel da Lavandeira, onde o concello carballiñés proxeca a creación do museo de papel.
A formación política liderada por Pachi Vázquez considera que "é un exemplo moi esclarecedor do tempo e cartos perdidos para O Carballiño, dende o ano 2015 van alá 1 millón de euros sen que a dia de hoxe haxa data para a súa apertura nin tan xiquera unha idea clara de a que se van dedicar as instalacións", polo que demandarán que se dea conta da inversión realizada e tamén, que se fixe unha data para a súa apertura.
Espazo Común manifesta que "despois dos cartos investidos e o tempo sen abrirse, podemos falar do Gaiás do Carballiño, ironizan.