Espazo Común reúnese con traballadores da Residencia de Tempo Libre e anuncia iniciativas políticas para demandar a súa apertura
O candidato de Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes pola provincia de Ourense para as eleccións autonómicas, Fran Fraga e o voceiro de Espazo Común no Carballiño, Adolfo Nogueira, mantiveron unha reunión cun importante número de traballadores da Residencia do Tempo Libre.
Nesta reunión púxose enriba da mesa "a posbilidade moi real de retroceder todo o que se avanzou hai uns anos para acadar que as instalacións permaneceran abertas o maior tempo posible", manifestan.
Por iso, o Grupo Municipal de Espazo Común no concello do Carballiño anuncia que levará ao vindeiro pleno unha moción para que o Concello "se poña a traballar coas diferentes administracións para garantir unha apertura rápida da Residencia e garanta que nos vindeiros anos, esta será de polo menos, dez meses por ano".
Consideran que "ofrecería algo de estabilidade aos traballadores e garantiría a inxección económica que a visita dos usuarios supón para a nosa vila".