Espazo Comun tilda de desastre a xestión do concello nas axudas para a reactivación do tecido económico "dos 360.000 euros consignados tan so se adxudicaron 142.000 euros", asegura.
O portavoz de Espazo Común no concello do Carballiño considera como calimitosa e, en consecuencia, lesiva para autonómos, comerciantes e hostaleiros, a xestión feita polo grupo de goberno no procedemento para adxudicar as axudas acordadas pola corporación carballiñesa no programa de reactivación do tecido económico local, nas axudas munipais a aqueles sectores máis castigados pola pandemia.
Adolfo Nogueira puxo un exemplo que explica "o desastre" e que compara o número de solicitudes que rexistrou a convocatoria do concello "foron 291 solicitudes, mentres na convocatoria da Deputación foron máis de 500", unha diferencia que Nogueira explica na errática convocatoria do concello, cunhas bases que botaron atrás moitas axudas, dixo.
Según os datos de Espazo Común quedaron fora das axudas máis do 60% dos solicitantes, xa que dos 360.000 euros que estaban consignados tan so se adxudicaron finalmente 142.000 euros "hai que modificar estas bases e elaborar outras novas que non deixen a ninguén atrás", pediu o concelleiro de Espazo Común que, ademáis, asegurou como "o alcalde Fumega pagou a unha empresa 17.400 euros por unhas bases fotocopiadas das que publicou tres meses antes o concello de Tui, é decir, pagou 17.400 euros das arcas municipais en 30 fotocopias para fusilar a convocatoria feita por outro concello, curiosamente tamén gobernado polo PSOE".
Finalmente, Espazo Común anuncia que vai presentar unha moción ante o pleno da corporación municipal na que pedirán explicacións por todo este "sospeitoso e moi dubidose proceder do goberno do Carballiño".