Especial Cea: Iván e Marcos inauguran AC/DC, e tamén falamos con Silvia de Nela Gourmet, o concelleiro Dalama, o presidente da IXP Carlos Rguez e o alcalde Valladares. Escoita aquí o programa.

30, Xuño 2023

COPE O Carballiño, a emisora líder en audiencia na provincia de Ourense na franxa de mediodia, según o último "Estudio General de Medios" trasladouse ata a vila de Cea en vespera dunha nova edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea.

Para a ocasión, eliximos para emitir este programa especial, o novo complexo hosteleiro AC/DC, ubicado no casco histórico de Cea, recentemente inaugurado, e desta nova proposta que inclúe cafetería, gastrobar e moi pronto hospedaxe, falamos cos seus promotores, Iván e Marcos.

E tamén falamos con outra emprendedora como Silvia Garriga, de https://nelabiosense.es e das súas marmeladas creativas e os seus productos cosmeticos naturais elaborados na súa fábrica do polígono industrial do Fondo de Cea.

O presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez repasa a actualidade deste colectivo e do programa de actividades para esta fin de semana en Cea, igual que o fai o concelleiro de turismo José Dalama. Pola súa parte, o alcalde José Luis Valladares avanza que será a promoción turística unha das prioridades da súa xestión para este novo mandato municipal recén comezado.

Podes escoitar todas as entrevistas do programa no audio adxunto: