Espiñedo reforza a súa iluminación coa tecnoloxía LED, tras unha inversión de 60.000 euros aportados pola Xunta
O concello do Carballiño executou o proxecto de reforzo da iluminación do Estadio de Fútbol Municipal de Espiñedo, a través dunha achega económica de 60.000 euros da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes.
A nova iluminación xa luciu no partido do campionato de liga da Primeira Federación que xogaron na tarde-noite deste sábado Arenteiro e Osasuna Promesas, desde as 19:30 horas, con luz artificial.
A iluminación instalada con tecnoloxía LED, permite tanto a mellora lumínica que poideron comprobar a afección que seguíu o partido no propio estadio, como os que o fixeron a través da G2 ou FEF TV, que retransmitiron en directo o partido. Ademáis, tamén obtén agora unha maior eficiencia e aforro enerxético.
O Club Deportivo Arenteiro cumpre asi as esixencias federativas, que viñan advertindo da deficiente iluminación, non apta para a actúal categoria na que está a competir por segundo ano consecutivo, a categoria de bronce do fútbol español e antesá da Liga de Fútbol Profesional.