Espiñedo seguirá con herba natural: o pleno do concello aproba unha moción do PP para a reforma integral do terreo de xogo.
O grupo de goberno socialista renuncia desta maneira ao proxecto que anunciara dias atrás para instalar céspede sintético no terreo de xogo do Estadio Municipal de Espiñedo, e a corporación decide aprobar a proposta do Partido Popular, que conservará a herba natural.
Agora, o concello, e tal como se propuxo na moción, solicitará a colaboración da Deputación e a Xunta de Galicia para a execución do proxecto de reforma integral do terreo de xogo, que non se acometía dende principios dos anos 90 do século pasado.
Ademáis, na proposta dos populares, tamén se inclúe a mellora da iluminación do recinto deportivo, instalando luminarias Led, e tamén se acordou a construcción dun campo de fútbol-8 axexo ao campo de fútbol da Uceira.