Espiñedo vibra co triunfo histórico do Arenteiro ante o Salamanca CF
Un golazo de Victor Eimil no minuto 76 de partido foi suficiente para que o Arenteiro lograse a primeira vitoria no campionato de liga na Segunda Federación Española, derrotando a un dos grandes da categoria, o Salamanca CF UDS, que sofre a primeira derrota en liga.
O encontro iniciouse cos charros moi ben posicionados no campo e impedindo que o Arenteiro poidese ter a posesión, como nos anteriores partidos dos verdes, que pouco a pouco foron buscando ocos no entramado defensivo do Salamanca, un equipo que se presentaba en Espiñedo acumulando 6 meses sen perder en partido de liga e sen encaixar aínda no presente campionato.
Tralo do paso por vestiarios, o Arenteiro deu un paso á fronte e súas foron a mellores ocasións de gol do partido, ata que chegou a xornada clave da tarde: Vitra porfía por un balón que se leva finalmente pola banda esquerda Joseca, éste e saca un centro que caza Victor Eimil para enviar unha volea imparable para o gardameta do Salamanca. Un gol histórico que desatou a euforia nunha afección que estivo de 10 levando ao equipo en volandas toda a tarde.
A partir do gol, o Arenteiro atrincherouse atrás a defender a súa renda e conseguiuno no resto do partido, incluidos os 7 minutos que decretou de prolongación o árbitro asturiano que dirixíu o encontro.
CD ARENTEIRO: Diego, Ger, Portela, Álex Fernández, Joni (Sobrido, min. 68), Renan, Cruz (Marquitos, min. 57), Naveira (Joseca, min. 68), Eimil, Adri Castro (Cassio, min. 78) e Vitra.
SALAMANCA CF UDS: Benítez, Arencibia (David Segura, min. 70), Murua, Kristian, Bouba (Palomares, min. 53), Amaro, Benito (Ribeiro, min. 70), Liam (Hugo Díaz, min. 78) Espeso, Carmona (Carrasco, min. 78)e Manin. GOL: 1-0, min. 76, Eimil.
ÁRBITRO: Diego Valdes Díaz, do comité asturiano. Mostrou cartón amarelo aos xogadores do Arenteiro Adri Cruz, Naveira e Diego; e a Carmona, Arencibia, Benito, Palomares del Salamanca CF UDS. Expulsou con vermella directa nun erro monumental a Fran Justo, nunha acción á que o adestrador do Arenteiro era totalmente alleo,asi como ao segundo adestrador verde Alex Vázquez.