Este venres: pleno extraordinario pola perda do obradoiro de emprego e comisión informativa previa a aprobación do orzamento do concello para o 2020
Doble actividade este venres dia 21 de Febreiro no concello do Carballiño, primeiro ás once da mañá coa convocatoria do pleno e ás 13 horas coa convocatoria da comisión informativa na que se abordará o borrador do orzamento elaborado polo grupo de goberno para este ano 2020, previa a celebración do pleno corporativo que deberá aprobálo.
Esta convocatoria da comisión informativa con tan pouco tempo desde que recibiron o documento non sentou nada ben aos grupos da oposición, ao entender que para estudar un expediente tan complexo como é o dos orzamentos, precisarían máis tempo, polo que non entenden estas presas do grupo socialista.
O proxecto de orzamento para este ano cífrase en 9.496,515 euros, algo inferior o do último ano, 147.000 euros menos.
A modificación que máis chama a atención é a relativa ao gasto de persoal, cun notable incremento de preto de medio millón de euros, ao pasar dos 3.632,283 euros aos 4.128,477 euros que se destinará este ano a este capítulo, mentres que redúcese á metade a cantidade reservada para investimentos reais, apenas 285,518 euros para este ano.
Manteñense as subvenciós aos clubs deportivos e asociacións culturais, alguna delas de nova creación como a "Asociación de Amigos da Praza de Abastos".
Polo que respecta ao pleno extraordinario sobre a perda o obradoiro de emprego de 2019, e do que ademáis do Carballiño tamén participaban os concellos de Maside, Boborás e San Amaro, sesión convocada a instancias dos tres grupos da oposición, PP, ESCO e BNG, e como figura na propia convocatoria pretende "dilucidar as responsabilidades deirivadas da perda do obradoiro de emprego promovido polo concello do Carballiño".
A documentación da solicitude deste obradoiro non foi presentada en tempo e forma ante a Xunta, polo que o proxecto quedou en suspenso.