Europa elixe a mina de litio de Doade, en Beariz, como proxecto prioritario estratéxico, que deberá autorizar a Xunta. A inversión prevista ascende a 130 millóns de euros.

25, Marzo 2025

Trátase dun dos sete proxectos en España elixidos por Bruxelas para reducir a dependencia europea de países de fora da UE, para a extraccion, procesado e reciclaxe de materias primas e consideradas como estratéxicas pola Comisión Europea.

O proxecto localizado en montes do concello de Beariz está promovido polo grupo aragonés Samca, a través da filial galega Recursos Minerales de Galicia, e xa completou o trámite de solicitude da concesión ante a Xunta de Galicia. Agora, a Consellería de Industria conta cun prazo de 18 meses para a súa súa avaliación e posterior autorización administrativa.

Prevése para esta mina en Doade-Beariz a construcción dunha explotación baixo terra con galerías entre os 50 e os 300 metros de profundidade, xunto á correspondente pranta de tratamento, ocupando unha superficie  total de 13,62 hectáreas.

A finalidade é a extracción de litio, un material altamente cotizado na actualidade e no futuro, xa que é utilizado para a elaboración de dispositivos tecnolóxicos ou as baterías dos vehículos eléctricos.

Unha vez que a Xunta dea luz verde ao proxecto, a intención de Recursos Minerales de Galciia é comezar as obras de inmediato, sería no transcurso do ano 2026, e dous anos máis tarde iniciaríase a extracción de mineral, a un ritmo de medio millón de toneladas anuais, e por un periodo de 40 anos, ao cabo dos que procederíase á restauración dos terreos.

Durante o periodo de construcción, aproximadamente dous anos, a obra daría emprego a unhas 500 persoas, e crearía posteriormente unhos 320 postos de traballos. A inversión do proxecto ascende a 130 millón de euros.

Máis información do proxecto no seguinte enlace:

https://minadoade.gal/es/la-mina-de-litio/