Europeas no Carballiño: O PP obtén 3.052 votos, PSOE 1.163. BNG 606, VOX 298. Consulta aquí os resultados nas 19 mesas electorais do municipio.
O Partido Popular arrasou nestas eleccións 2024 ao Parlamento Europeo no municipio carballiñés, ao obter máis votos que a suma de todas as candidaturas xuntas, dándolle a volta aos resultados das eleccións de 2019, daquéla o PSOE fora o máis votado no concello do Carballiño, xa que obtivera 3.022 votos, nas eleccións deste domingo os socialistas desplomáronse ata os 1.163 votos.
Pola contra, os populares -que en 2019 tiveran 2.481 votos- foron agora os máis votados ao sumar 3.052 sufraxios no concello do Carballiño, cunha porcentaxe do 56% do voto escrutado.
En terceira posición -igual que nas anteriores eleccións europeas no Carballiño- sitúase a candidatura da que forma parte o BNG, aínda que retrocede en votos, pasando dos 702 que acadara en 2019 aos 606 deste domingo.
En cuarta posición sitúase nestas eleccións no municipio carballiñés VOX, que adianta a Podemos que nas anteriores europeas obtivera 302 votos e tan so logrou 52 votos este domingo, mentres que VOX pasa dos 181 votos de fai cinco anos aos 298 nestas europeas de 2024 no Carballiño
Sumar apenas chega aos 42 votos nestes comicios no Carballiño, e o resto de candidaturas suman todas elas 178 votos. Ademáis contabilizáronse 39 votos en branco e 31 nulos.
A participación acadou un 48,30 do total do censo electoral, acudiron as urnas 5.451 electores carballiñeses do total de 11.306 que podían facélo.
No arquivo adxunto tes os resultados nas 19 mesas electorais do concello do Carballiño: