Evoluciona favorablemente o veciño de Parada de Labiote accidentado na estrada do Irixo
Unha inrformación errónea difundida onte, e recollida posteriormente por medios escritos, según a cal tería falecido unha das victimas do accidente de tráfico ocurrido na estrada entre O Carballiño e O Irixo, xerou confusión entre a veciñanza do Irixo e levou a varias persoas a achegarse atá Parada de Labiote, localidade onde residen as 3 persoas que viaxaban no vehículo sinistrado, coa intención de dar o pésame á familia de José Antonio Diéguez..
Sen embargo a súa sorpresa foi grande o saber que se trataba dun erro e que este veciño, o conductor do vehículo, atópase con vida ingresado no complexo hospitalario de Ourense, onde permanece en observación e evoluciona favorablemente das feridas sufridas tralo percance automovilístico. Presenta outros problemas de saúde, que nada teñen que ver có accidente. Tamén están desde onte nas súas vivendas en Parada de Labiote as outras dúas persoas que viaxaban no vehículo accidentado, que se saíu da estrada por causas que están ainda por determinar.