Excesivo castigo para o Arenteiro ante a Ponferradina, que sacou petroleo de Espiñedo, 0-1.

Outra gran entrada en Espiñedo, con numerosa afección visitante e máis de 2000 persoas para ver como a Ponferradina, superada claramente polo Arenteiro en boa parte do partido,levouse para o Bierzo 3 puntos de ouro.
Esto do fútbol vai de goles e non de méritos, a Ponferradina fixo un gol na única oportunidade que tivo durante toda a primeira parte, na que o Arenteiro fixo méritos sobrados para adiantarse no marcador. Na reanudación, o equipo de Javi Rey defendeu a renda, e os verdes tardaron en pisar área, como volveron facer no último cuarto, pero o seu esforzo non tivo premio.
VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=vfsIhMV3p34
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/16/arenteiro-estre...