A exclusión de políticos na Mesa de Contratación para adxudicar o contrato da auga, que estará integrada só por técnicos, indigna a Espazo Común e advirte dun "pelotazo". Escoita aquí a Adolfo Nogueira.
O portavoz de Espazo Común foi moi crítico coa decisión de excluir desta mesa de contratación a representates da corporación municipal, estaba previsto que fosen o alcalde Fumega por parte do goberno e Pachi Vázquez pola oposición, xunto con seis técnicos da administración.
Finalmente, o concello do Carballiño -tal como demandaba o portavoz do Partido Popular Pepe Castro-Gil, decide que esta mesa de contratación estea formada só con técnicos, serán 3 designados polo concello e outros 3 nomeados pola Deputación. Espazo Común considera que "estamos ante un pelotazo" no que se decide deixar unha decisión transcendental para o concello do Carballiño en mans da Deputación.
Escoita aquí a entrevista a Adofo Nogueira: