Éxito de convocatoria no Serán de Mandrás, animado con música tradicional e boa gastronomia
Para facer unha boa festa non se precisa da Panorama, nin a Paris de Noia, nin El Combo Dominicano... e para mostra o 4º Serán de Mandrás, organizado con gran éxito de convocatoria pola Asociación de Veciños desta parroquia do concello de San Cristovo de Cea.
Unha noite de sábado animada por boa música tradicional, coa participación de numerosos grupos chegados a este serán de Mandrás dende toda a comarca e o resto da provincia, gaiteiros, pandereiteiras, e varios grupos que co seu estilo peculiar, como "Os Cotovías" de Maside -na foto- , foron moi aplaudidos polo numeroso público que se xuntou no campo da festa de Mandrás.
Ademáis, a velada estivo acompañada pola oferta gastronómica, que incluíu invitación gratuíta a tortilla, para acompañar os pementos fritidos e o pan de Cea, que degustaron a maioria dos asistentes nas amplas carpas instaladas pola organización.