Extinguido un lume forestal na parroquia de Lobás, que afectou a unha superficie de 34,8 hectáreas

14, Setembro 2012

O lume declarouse as 23,30 horas do xoves 13 e deuse por extinguido ás 7 horas do venres 14, pola superficie queimada, representa o incendio máis grande no municipio carballiñés no que vai de verán.

As primeiras estimacións de Medio Rural apuntan a que o lume arrasou 34,8 hectáreas de monte arborado, nas inmediacións da localidade de Bertamil, nunha zona próxima á carballeira da Madanela. Nos traballos de extinción participaron 3 axentes forestais, 5 birgadas, 4 motobombas, 1 pala e o Grumir do Carballiño.

Dase a circustancia que na pasada semana, tamén en idéntico horario da noite, declararase outro incendio nas inmediacións da localidade de Arcos, aínda que daquéla a superficie afectada foi bastante menor.