Fai O Irixo propón a creación de rutas para poñer en valor a riqueza natural e paisaxística do municipio
O concelleiro de Fai O Irixo, Florentino Pérez, ven de presentar no rexistro municipal dúas mocións para tratar no pleno corporativo, e nas que achega dúas propostas que teñen como finalidade poñer en valor o potencial turístico que representa a riqueza natural e paisaxística do municipio.
Dunha parte, o concelleiro promove a solicitude de inclusión no catálogo de árbores senlleiras de Galicia de 3 exemplares, que reúnen todos os requisitos para elo, como son o castiñeiro de Surribas, a corticeira de Munín e a carballa das Campinas.
Noutra moción, Florentino Pérez propón á institución municipal a creación de rutas de visita a algunhas formacións vexetais e árboreas de especial relevancia, e representativas da fraga galega, nas parroquias de Espiñeira, Frouce e Reádigos. Trátase de zonas de fácil acceso, á carón de estradas, polo que o concello tan so tería que acometar algunhos traballos de limpeza, e sinalización.