Falece Cándido Cabanelas Barros, alcalde do concello de Boborás durante 20 anos.
Cándido Cabanelas Barros exerceu como alcalde do concello de Boborás, desde o ano 1971 e 1991. Ademáis de alcalde, foi durante anos mestre na escola da parroquia de Brués.
Foi, polo tanto o último alcalde da dictadura franquista e tamén o primeiro alcalde elexido en democracia no concello de Boborás, en 1979 baixo as siglas da UCD. En 1983 revalidou o seu triunfo electoral baixo as siglas de Coalición Galega, e finalmente nas eleccións de 1987 -igual que nas dúas anteriores con maioría absoluta- volveu gañar as eleccións municipais presentandose como cabeza de lista de Coalición Progresista Galega, unha coalición electoral integrada por varias formacións de corte centrista e galeguista.