Falece a científica carballiñesa Maria Teresa Miras Portugal, foi a primeira muller en presidir a Real Academia Nacional de Farmacia.
A científica María Teresa Miras Portugal faleceu este pasado xoves dia 27 de Maio en Madrid, aínda que por desexo expreso será enterrada no Carballiño, onde nacera fai 73 anos. O Velorio terá lugar dende as 19:00 deste venres dia 28 no Tanatorio Veracruz Centro ata a tarde deste sábado dia 29 de Maio, que será cando as 16:00 horas se celebre o funeral no Templo da Veracruz e posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar do cemiterio de Señorín.
Miras Portugal, catedrática emérita de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense de Madrid ( UCM), e presidenta de honra da Real Academia Nacional de Farmacia, tiña 350 obras recoñecidas de nivel internacional e recibiu multitude de premios, no ano 2016 a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.
A carballiñesa foi no ano 2007 a primeira muller elixida para presidir a Real Academia Nacional de Farmacia de España. As áreas de investigación nas que se centraba estaban fundamentalmente dirixidas ás neurociencias: funcionamento sináptico, neurotransmisión mediada por nucleótidos e interacción de neurotransmisores, segundo recolle a web da Real Academia Nacional de Farmacia.