Falece con Covid-19 o bearicense Florencio Gulias Barros, expresidente do Centro Galego de México
Faleceu en México DF vítima da Covid19 Florencio Gulias Barros, natural de Beariz desde onde emigrara sendo aínda un adolescente e a onde regresaba cada verán, alternando a súa estancia entre Beariz e O Carballiño.
O empresario bearicense presidíu o Centro Galego de México durante seis anos, entre 2014 a 2019.
O concello de Beariz, por medio do seu alcalde Manuel Prado, expresou as súas condolencias ao coñecerse o pasamento do seu veciño, moi veinculado á vida social da localidade.